vendredi 7 décembre 2007

Porque é necesario ollar o espello vermello

Cando nacen as intencións de medir as palabras
xorden as iniciativas para alteralas
para subverter o seu valor e mesmo
xa é unha realidade matalas

Por iso
no espello vermello
que debuxarei pouco a pouco
quen sabe se ben ou mal
está a construción da destrución
do capital

A ilusión do comunista
é sempre inalterable
a construción de dita destrución

O contributo destas liñas
vai nese sentido

ás veces con forza de versos
que xogan coas linguas
até retorcelas de pracer

ás veces coa forza dos verbos
que alumean berros
ata esnaquizar o silencio

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire